Sabías que nos océanos é onde se produce a metade da fotosíntese mundial? Neste vídeo divulgativo (1´ 48´´) Alberto Gutiérrez Barral fálanos das bacterias existentes nos océanos e de como a súa función é imprescindible para a viabilidade dos ecosistemas mariños.
Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".