Luísa Villalta: a rebelión da palabra. Capítulo 6. Eco

Incorporación a Proxector: 19/6/2024

Neste sexto capítulo (21´ 09´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra” ponse o foco no seu derradeiro poemario, Papagaio, no que a autora denuncia a explotación sexual das mulleres e a especulación urbanística, en coherencia coa esencia da súa propia personalidade e do seu compromiso cívico.

Esta sexta entrega ponlle o ramo á serie audiovisual producida pola Real Academia Galega e realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.

Alba López Álvarez    Damián Varela Pastrana    AUTORÍA
Real Academia Galega CREACIóN
19/6/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO