Nesta charla de TED (16´) Eric Dishman, especialista en tecnoloxía médica, reflexiona sobre a necesidade de mudar a configuración dos sistemas sanitarios actuais, que tratan os pacientes como axentes pasivos. Baseándose nos seus coñecementos científicos, mais tamén na súa propia experiencia como doente, defende un novo “sistema de saúde persoal” baseado na tecnoloxía móbil e social no que o paciente pase a ter un papel activo, converténdose na peza central do equipo médico.
A tradución ao galego é de Sara Soto e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

