Entidade: Ilma. Sociedad Vivero y su comarca. A Habana

Entidade: Ilma. Sociedad Vivero y su comarca. A Habana [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
2008-00-00
A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008
Ver

Transcripción da A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 en 00/00/2008

Unha sociedade de emigrantes que destaca polo elevado número de centros educativos creados na súa terra natal é a Ilustrísima Sociedad de Vivero y su Comarca na Habana. Este título de honra concedeullo o Goberno de España en 1919, ademais da Cruz de Beneficencia de primeira clase.
Esta senlleira entidade foi creada en 1910 por iniciativa dos emigrantes viveirenses Justo Taladrid Catá, Tomás Ramos Riguera, Amando Cora e Antonio Pernas entre outros, que levaron a bo porto o obxectivo prioritario da súa fundación: a creación de escolas en todas as parroquias do partido xudicial de Viveiro. Temos constancia da súa intervención económica na construción, arranxo e mantemento de 57 escolas distribuídas por toda a zona mariñá, ademais da súa contribución á compra de material docente e de doazóns para casos puntuais de necesidade tanto das escolas como dos seus veciños e veciñas.
Esta escola, na parroquia de Santa María de Magazos, é un exemplo do modelo arquitectónico que implantaron na construción de case todos os seus centros educativos. Eran edificios dunha soa planta, de forma rectangular, con escasa ornamentación e nos que primaban as numerosas fiestras, que achegaban luminosidade ás aulas, que normalmente eran dúas pois o alumnado separábase por sexos.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: García Naveira, Juan;  García Naveira, Jesús;  Busto, Gumersindo;  García Barbón, José;  Cordo Boullosa, Manuel;  Murias Rodríguez, Pedro;  Serra Fernández, Agapito;  Couto Pulido, Carlos;  Kiro, Ana;  Candia López, Manuel;  González López, Emilio;  Fernández Montenegro, José María;  Vidal Carrera, Ramiro;  Maseda Villamil, Francisco;  Castro, Rosalía de;  González Fernández, Ramón;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco de Lema, Fernando;  Castelao, ;  Rodríguez Murias, Jesús;  Temáticas: Historias de ida e volta;  remesas;  asociacións;  A pegada indiana na Mariña lucense;  educación;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigración;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  acción sociocultural;  A emigración galega nos Estados Unidos;  traballo;  ensino;  Mulleres;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  arquitectura;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  identidade cultural;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  comercio;  exilio;  O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea;  música popular;  artes escénicas;  artistas;  poesía;  agricultura;  música tradicional;  deportes;  filosofía;  O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica;  coros;  empresas;  prensa escrita; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0