Persoa: Maruxa Boga

Persoa: Maruxa Boga [6]

Data Material Ver
Data Material Ver
1945-08-17
Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945
Ver

Transcripción da Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 en 17/08/1945

Castelao era o símbolo da loita e defensa do galeguismo. Cada un dos seus actos políticos e artísticos eran seguido e apoiado polos galegos residentes alén mar.
En 1945, seguindo unha das súas iniciativas, instáurase a celebración do Día dos Mártires Galegos como unha homenaxe a todos aqueles que foron asasinados e represaliados durante a guerra e a difícil posguerra. E elixe o día 17 de agosto para a súa celebración por ser a data do asasinato do seu amigo e compañeiro na loita galeguista Alexandre Bóveda. O Centro Orensano encárgalle unha obra conmemorativa e realiza unha das súas pinturas máis icónicas, A derradeira leición do mestre, en homenaxe ao seu amigo.
Na fotografía podemos ver a Castelao ante o cadro e un busto a Bóveda, rodeado por Antón Alonso Ríos, Xesús Canabal, Manuel Puente, Fernando Iglesias “Tacholas” ou Maruxa Boga, entre outros.


1947-00-00
Audición Recordando a Galicia. 1947
Ver

Transcripción da Audición Recordando a Galicia. 1947 en 00/00/1947

Este programa radiofónico fundárono en Bos Aires en 1945, baixo os auspicios de Castelao e do Centro Betanzos, Maruxa Boga, o actor Fernando Iglesias "Tacholas" e o xornalista Alfredo Aróstegui. Todos eles aparecen fotografados xunto co gaiteiro Manuel Dopazo, os acordeonistas Moreiras, o poeta Avelino Díaz e membros da Coral "Terra Nosa" do Centro Orensano durante unha emisión.
Comezou a emitirse en Radio Prieto, aínda que foi en Radio Rivadavia onde consolidou o seu papel como un dos programas radiofónicos máis representativos da emigración galega. Maruxa Boga, a súa directora durante moitos anos, converteuse nunha das principais comunicadoras da Galicia de alén mar.
Paralelamente, en Uruguai triunfou o programa Sempre en Galicia, fundado en 1950 por Manuel Meilán, Lois Tobío, Xesús Canabal, Pedro Couceiro e Alfredo Somoza e que aínda hoxe se pode escoitar.


1948-00-00
O poeta Avelino Díaz no programa radiofónico Recordando a Galicia
1960-00-00
Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960
Ver

Transcripción da Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960 en 00/00/1960

De esquerda a dereita podemos ver a Arturo Cuadrado, Alberto Portas (secretario xeral da FSG), Abelardo García, Maruxa Boga (actriz e directora da audición radial Recordando a Galicia), José Gil e Marta Portas. Nos anos 60 a Federación centrou as súas actividades no eido cultural, coa organización de actos como este recoñecemento a unha das figuras máis queridas e valoradas no seo da colectividade emigrada e que moitas veces colaborara coa Federación dende as ondas na reivindicación do papel dos e das emigrantes galegas na sociedade arxentina.


1960-06-07
Lectura dramatizada da obra teatral de Alfonso Castelao Os vellos non deben de namorarse. Bos Aires, 7 de xuño de 1960
Ver

Transcripción da Lectura dramatizada da obra teatral de Alfonso Castelao Os vellos non deben de namorarse. Bos Aires, 7 de xuño de 1960 en 07/06/1960

Nas diversas actividades culturais da colectividade galega en América estaban presentes moitas mulleres emigrantes, algunhas delas chegaron a ser un referente intelectual da diáspora. Nesta fotografía, dun acto organizado pola Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, participaron Clotilde Iglesias, Pilar Jeremías, María Victoria Villaverde, Maruxa Boga, Dora Seco, entre outras.


2000-07-25
Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000
Ver

Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000

Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Paz-Andrade, Valentín;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Maiztegui, Isidro B.;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Canabal, Xesús;  Ledo, Xohán;  Cabanillas, Ramón;  Díaz, Avelino;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Otero Espasandín, Xosé;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Pita, Emilio;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Eiroa, José Gabriel;  Baltar Domínguez, Antonio;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Cao Luaces, José María;  Fernández, Valentín;  Gómez Cobas, Casimiro;  Cruces, Fortunato;  Pereira Caamaño, Fernando;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Blanco Amor, José;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0