Galicia e, nomeadamente, a cidade de Ourense distinguíronse dun xeito moi singular por espallar por todo o país o pensamento do bieito ilustrado, ata o punto de que na segunda metade do xix as publicacións galegas superaron en importancia as do resto de España. A figura de Feijoo foi aclamada e a súa galeguidade converteuse en motivo de orgullo e satisfacción para unha Galicia que comezaba a desangrarse nunha riada humana sen fin cara ao alén mar. Esta corrente de afecto mantívose, cando menos, ata a segunda metade do século xx, na que outras efemérides vitais do beneditino serviron como xustificación para realizar novos estudos sobre o seu pensamento e a súa importancia no contexto cultural español. De todas as maneiras, no último cuarto do século xx e na primeira década do xxi comezou a caer nun lento e progresivo esquecemento, e foron moi escasos os traballos ou mencións que lle foron dedicados pola intelectualidade galega. Feijoo, a pesar de todo, segue a ser unha figura esencial e indiscutible da nosa historia cultural que está por riba das modas e dos oportunismos intelectuais do momento. Por iso, o Consello da Cultura Galega non quixo deixar pasar os douscentos cincuenta anos do seu pasamento, en 1764, sen lle lembrar á cidadanía galega que o erudito ourensán segue a ser un dos máximos referentes da nosa cultura, como recoñeceu Castelao na «Alba de Groria» incluíndoo no cortexo dos galegos egrexios e inmorredoiros. Deste xeito, quérese contribuír ao avivamento entre nós da memoria dun galego, referente fundamental da Ilustración española e loitador incansable contra o pensamento débil, preguizoso e lixeiro. Algo que nunca deixará de estar de actualidade.
| Título | B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración |
| Coordinación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Autoría |
Xosé Ramón Barreiro Fernández Francisco Díaz-Fierros Viqueira Luís Rodríguez Ennes Inmaculada Urzainqui |
| Limiar |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Obxecto de estudo |
Benito Jerónimo Feijóo |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 118 p. ; 24 cm. |
| ISBN | 978-84-92923-73-1 |
| Depósito Legal | C 988-2016 |
| DOI | 10.17075/bjfrpi.2016 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
-
-
Limiar
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
-
Veritas temporis filia : a achega de Feijoo á historia cultural
Inmaculada Urzainqui
10.17075/bjfrpi.2016.001 -
Vixencia actual do pensamento xurídico-social do Padre Feijoo
Luís Rodríguez Ennes
10.17075/bjfrpi.2016.002 -
Ollada crítica sobre a obra de Feijoo de dúas intelectuais galegas : Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán
Xosé Ramón Barreiro Fernández
10.17075/bjfrpi.2016.003 -
Presenza do Padre Feijoo en Galicia
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
10.17075/bjfrpi.2016.004
-
Limiar



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








