As actitudes lingüísticas son as opinións, ideas e prexuízos que teñen os falantes con respecto a unha lingua. Tradicionalmente, en Galicia considerábase que o galego era unha lingua que non servía para certas cousas ou que era unha lingua que non se lles debía aprender aos cativos. Cos anos, as actitudes foron mudando e cada vez é máis difícil atopar manifestacións abertamente hostís cara ao galego. O presente traballo pretende elaborar unha descrición e análise actualizada das actitudes lingüísticas dos galegos a partir dunha enquisa que se centra nos aspectos máis relevantes das opinións que os galegos teñen sobre a súa lingua, así como ofrecer algunhas pistas que completen unha análise actualizada e exhaustiva da situación sociolingüística de Galicia.
| Título | lingua(s) a debate (Edición revisada e ampliada), A(s) Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega |
| Dirección |
Henrique Monteagudo |
| Autoría |
Håkan Casares Carlos Neira |
| Presentación |
Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012 |
| Edición | 2ª edición revisada e ampliada |
| Descrición física | 151 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel desta 2ª edición revisada e ampliada. Editada en papel a 1ª edición (2011) |
| ISBN | 978-84-92923-44-1 |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | documentos & informes; Núm:20 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








