Con esta publicación o Consello da Cultura Galega únese á celebración do Día das Letras Galegas 2025, que este ano sitúa no centro da homenaxe ás mulleres creadoras e transmisoras da poesía popular cantada. Neste caso, a escolma realizada rescata os nomes e alcumes, a voz, o rostro, a localización xeográfica e cronolóxica de catorce cantareiras, espalladas polo territorio galegófono, nunha representación coral e abranguente da diversidade real.
[Data da nota de prensa: maio 2025]
Título | Agora vou cantar eu |
Coordinación |
Beatriz Busto |
Estudo introdutorio |
Beatriz Busto |
Ilustración |
Xoana Almar Miguel Peralta |
Limiar |
Rosario Álvarez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2025 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 1 estoxo (120 p., 12 lám., 16 p.): il. cor. ; 22 cm. |
Notas | Publicación editada en formato de estoxo, estruturada en dúas partes. Por unha banda presenta un estudo introdutorio e unha selección poética para a que se utilizou como única referencia documental o corpus anteriormente recollido no Cancioneiro Popular Galego (1984-1995), en coherencia cunha serie de criterios. Pola outra, ofrece doce postais con ilustracións de 14 mulleres informantes e un caderno co texto transcrito dun cantar escollido para cada unha delas acompañado dun código QR a través do que se pode acceder á correspondente gravación musical. GRAVACIÓNS ORIXINAIS: Todas estas gravacións musicais publícanse grazas á cortesía das persoas e institucións que aquí se mencionan. — Colección Dorothé Schubarth-Antón Santamarina, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia: as de Estrela do Marmito, Josefa de Mongarillo e Dolfina de Añobres. — Servizo de Documentación e Arquivo CRTVG: as de Rosa de Moscoso, Josefa de Bastavales, Felicia de Fofe e Inés de Naipes. — Arquivo Polafía da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a das Pandeireteiras da Alén (Osoria Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos). — Arquivo persoal de Luís Prego: a de Áurea de Laxoso e veciñas. — Arquivo persoal de Leni Pérez: a de Concha do Canizo. — Arquivo persoal de Xerardo F. Santomé: a de Concha de Luneda. — Arquivo persoal de Xosé Lois Foxo: a de Ilda Álvarez Macía. ILUSTRACIÓNS: As ilustracións de Cestola na Cachola inspíranse en fotografías que foron tomadas por estas persoas ou que se corresponden con imaxes dos arquivos das seguintes institucións, cedidas cortesmente para esta publicación. — Colección Dorothé Schubarth-Antón Santamarina, cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) - Museo do Pobo Galego: as de Estrela do Marmito e Dolfina de Añobres. — Servizo de Documentación e Arquivo CRTVG: as de Rosa de Moscoso, Áurea de Laxoso, Josefa de Bastavales, Concha de Luneda e Felicia de Fofe. — Arquivo Polafía da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: a das Pandeireteiras da Alén (Osoria Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos). — Arredor da Tradición: as de Concha do Canizo (tamén cortesía de aCentral Folque), Josefa de Mongarillo e Inés de Naipes. — Disco de Ilda Álvarez Macía / Xosé Lois Foxo (comp.) (2009): a de Ilda Álvarez Macía. RESTAURACIÓN DIXITAL E REMASTERIZACIÓN: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG) |
ISBN | 978-84-17802-72-1 |
Depósito Legal | C 617-2025 |
Evento |
Especial. Día das Letras Galegas 2025 Agora vou cantar eu. 7/5/2025. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
A publicación institucional do Día das Letras homenaxea as mulleres transmisoras da poesía popular cantada [Data da nota: 7/5/2025].