Tenzóns e regueifas

Incorporación a Proxector: 11/11/2024

Vídeo divulgativo (2´ 43´´) no que Prado Rúa che explica de xeito ameno en que consistían as tenzóns, un xénero menor da lírica galego-portuguesa, de estrutura dialogada, no que dous trobadores tratan un determinado tema en estrofas alternas. E terán algo que ver as tenzóns coas regueifas? Saca as túas propias conclusións despois de escoitar a Prado Rúa.

Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.

Belén Puime    Álex Tajuelo    AUTORÍA
Brava CREACIóN
11/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO