Frontes cálidas, frías e ocluídas

Incorporación a Proxector: 20/11/2024

No ámbito da meteoroloxía, a superficie de contacto entre dúas masas de aire converxentes e de temperaturas diferentes denomínase fronte. Neste vídeo didáctico (2´ 55´´) o profesor Xacobo de Toro ensínanos a identificar nos mapas do tempo os tres tipos de frontes: cálidas, frías e ocluídas. Centrándose máis polo miúdo en dúas delas (as cálidas e as frías), explícanos como se forman e os fenómenos meteorolóxicos que ocasionan.

Xacobo de Toro    AUTORÍA
20/11/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO