Control parasitario no cultivo de ourizos de mar

Incorporación a Proxector: 22/1/2025

O interese gastronómico do ourizo de mar aumentou considerablemente durante os últimos anos debido ás súas excelentes propiedades culinarias e nutricionais. Elisa Osorio, investigadora no Centro de Investigación Mariñas da Universidade de Vigo, fálanos neste vídeo divulgativo (1´ 10´´) do proxecto de investigación no que participa, que ten como obxectivo identificar os parasitos que afectan aos ourizos de mar en diferentes puntos da ría de Vigo.

Esta presentación recibiu unha mención especial na II edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2023 pola Universidade de Vigo.

Elisa Osorio    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
22/1/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO