Fármacos con billete directo á raíz do cancro

Incorporación a Proxector: 27/3/2023

Neste vídeo divulgativo (2´ 20´´) o equipo da profesora María José Alonso, do CiMUS-Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, fálanos de novidosas estratexias para a vehiculización de fármacos contra o cancro. Concretamente, explícanos como grazas á nanotecnoloxía se están a desenvolver novos tratamentos contra o cancro baseados na medicina personalizada, que xa deron resultados positivos en estudos en vivo con animais en modelos de cancro de pulmón, de páncreas e de colon (tres dos tumores con maior incidencia na poboación).

Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) CREACIóN
27/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO