Teatro galego de finais do século XX e inicios do XXI

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (12´ 06´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre o teatro galego de finais do século XX e comezos do XXI. Tras ofrecer un resumo do contexto social, cultural e político da época, onde tivo especial importancia o proceso de profesionalización do teatro, explica as principais características das obras teatrais escritas en Galicia nas décadas dos 70, 80 e 90 do século XX, así como nos primeiros anos deste novo milenio. Acompañando as explicacións, cítanse autores/as que se consideran representativos deste período, como Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Quico Cadaval, Suso de Toro, Roberto Salgueiro, Manuel Núñez Singala, Santiago Cortegoso, Zé Paredes, Esther Carrodeguas ou Roi Vidal Ponte; así como compañías teatrais de especial relevancia, como Migallas Teatro, Chévere, Ollomoltranvía ou Voadora, sen esquecer a importancia estratéxica do Centro Dramático Galego.
Con esta peza, Nee Barros pon o ramo á serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO