Seguimos a ter algo de suevos?

Incorporación a Proxector: 5/12/2022

Segunda entrega (10´ 54´´) da webserie "Falemos do Reino de Galicia", que trata das pegadas que deixaron en Galicia os suevos, pobo xermánico que se asentou no noso territorio no ano 409 e fundou un reino que foi independente ata o 585. Este reino estivo liderado por Hermerico, que se proclamou rei de Galicia no 411. Tendo en conta que nun primeiro momento os suevos loitaron contra os galaicos para impor o seu poder, podemos falar dun "reino galego"? E por outra banda, seguiremos a ter hoxe algo de suevos? Descubriralo neste capítulo.

A serie "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.

Cooperativa Suseia CREACIóN
5/12/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO