Vixésimo cuarta lección (51´ 33´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. O eixo central da sesión é o rico patrimonio léxico e a variedade dialectal do idioma galego, polo que coñecerás diferentes recursos documentais en liña con información sobre estes temas. No bloque de contidos gramaticais, trátanse as perífrases verbais e mais o adxectivo en grao superlativo.
Esta lección foi emitida en directo o día 13 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material complementario.

