Jorge Mira, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC, amósanos nesta charla (42´ 22´´) cales son os diferentes lugares nos que, segundo o momento do ano no que nos atopemos, poderemos observar o último solpor da Europa continental.
A intervención tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.