Seguramente usaches moitas veces a expresión “ter química con alguén”, pero sabes o que significa? Será realmente o amor unha cuestión de química? E será suficiente con que exista “química” para que o amor sexa duradeiro? Ana García Deibe, catedrática de Química Inorgánica da USC, fálanos neste vídeo (4´ 59´´) do papel que xogan as substancias químicas nas diferentes fases dunha relación amorosa.
A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

