Audios
A emigración provocou en moitos galegos unha reflexión o país ao que pertencían e cal debía ser o futuro. O antigo presidente do CCG, Ramón Villares, percorre a visión de escritores como Rosalía, Celso Emilio ou Castelao sobre a emigración, as súas causas e as súas consecuencias. [+ info]
0:00 / 0:00
Cales son os segredos da creación da banda deseñada? O guionista de cómics, Antonio Altarriba percorre os seus segredos e a orixe da narración secuencial.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Durante os anos da II Guerra Mundial asentouse en Vigo unha colonia de cidadáns alemáns, moitos dos cales tiñan relación co Partido Nazi. Antonio Giráldez Lomba, membro do Instituto de Estudos Vigueses achéganos luz sobre este período histórico.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
A Raia Seca e a evolución da fronteira. O arqueólogo Andrés Diz Domínguez acompáñanos nesta viaxe polas testemuñas pétreas entre Monterrei e BraganÇa. [+ info]
0:00 / 0:00
¿Como se relaciona a cultura co valor Económico dun país? Luis Cesar Herrero, presidente da Association for Cultural Economics International, achega as claves para entender o capital da cultura de Galicia e a evolución das industrias culturais. [+ info]
0:00 / 0:00
O filósofo Fernando Castro estivo no Consello da Cultura Galega no 2008 para falar da arte contemporánea, a dimensión turística da cultura e a banalidade no consumo cultural. [+ info]
0:00 / 0:00
O catedrático Anselmo López Carreira acompáñanos nun percorrido pola conformación do Reino Suevo.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Desde o ano 1580 ata 1668, Portugal foi parte da Monarquía Hispánica. Un período singular da historia portuguesa que o catedrático Fernando Bouza explora a través dos arquivos e as palabras dos protagonistas da época. [+ info]
0:00 / 0:00
O catedrático de Física, Jorge Mira fai un percorrido pola interpretación do tempo ao longo da historia e como se acadaron solucións para igualar as medidas de referencia temporal. [+ info]
0:00 / 0:00
¿Como foron as viaxes de Maruja Mallo por Sudamérica? A profesora e investigadora da Universidade de Buenos Aires, María Laura Rosa estuda que supuxo para a artista a súa chegada ao continente na procura de inspiración.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
¿Que efectos tivo a emigración sobre a lingua galega? O sociólogo e lingüista Henrique Monteagudo fala dos usos, influencias e actitudes lingüísticas do galego na Galicia porteña. [+ info]
0:00 / 0:00
Como eran as mulleres galaicorromanas? Que sabemos da súa vida e posición social? Como se relacionaron coa memoria e identidade ancestrais? A profesora Ana María S. Piñeiro amosa as evidencias para coñecer as mulleres de hai dous mil anos.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
O son das bandas de música e orfeóns de Galicia consérvanse no Arquivo Sonoro de Galicia. A musicóloga Beatriz Cancela fai un percorrido pola fonte inesgotable que supón o arquivo para coñecer a cultura musical do país dos últimos séculos. [+ info]
0:00 / 0:00
¿Sabes que porcentaxe de obras feitas por mulleres se expoñen nos museos galegos? O especialista en arte contemporánea Miguel Anxo Rodríguez percorre a presenza das artistas nas principais salas de Galicia.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
O Organistrum é un instrumento medieval, precursor da zanfona, que se atopa tallado no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela reconstruido recentemente.
Cuarto capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición". Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
Cuarto capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición". Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
0:00 / 0:00
Cales foron os primeiros pasos para recuperar a zanfona e recrear o seu son?
Primeiro capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición".
Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
Primeiro capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición".
Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
0:00 / 0:00
Que supuxeron os cambios político-sociais da Segunda República en Galicia? O profesor de Historia Contemporánea, Emilio Grandío percorre uns anos coñecidos como a República da costa.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
0:00 / 0:00
A cova Eirós, situada en Triacastela, Lugo alberga un importante xacemento paleolítico con máis de 35.000 anos de antigüidade.
É a única secuencia do noroeste peninsular onde se pode estudar a transición entre os neandertais e os primeiros humanos modernos. [+ info]
É a única secuencia do noroeste peninsular onde se pode estudar a transición entre os neandertais e os primeiros humanos modernos. [+ info]
0:00 / 0:00
Os novos grupos de música folk que van agromando en Galicia, comezan a incluír a zanfona nas súas composicións, aprendendo a tocala de xeito autodidacta. Terceiro capítulo de "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición", un documental dirixido por Ramon Pinheiro producido polo CCG e a Central Folque. [+ info]
0:00 / 0:00
O 25 de xullo de 1948 Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia. [+ info]
0:00 / 0:00
A conservadora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve acompáñanos nun percorrido pola faceta viaxeira de Castelao a través das coleccións que alberga o Museo de Pontevedra. [+ info]
0:00 / 0:00
Percorrido pola loita obreira de Ferrol no tardofranquismo e Transición, medio século despois. Presenta Rosario Álvarez.
0:00 / 0:00
Isabel Burdiel é autora de numerosa bibliografía, é especialista en historia política e cultural do liberalismo europeo do século XIX, con especial interese nas relacións entre historia e literatura e nas posibilidades da historia biográfica.. [+ info]
0:00 / 0:00
Unha das achegas máis modernas do Seminario de Estudos Galegos foi a súa interdisciplinariedade, a combinación entre as ciencias e as humanidades á hora de coñecer Galicia. O profesor Francisco Díaz-Fierros achégase ao novidoso traballo do SEG desde a perspectiva das ciencias naturais.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Como se relacionaba o Reino Suevo cos reinos da súa contorna? O profesor, José Carlos Sánchez Pardo amósanos as novas fontes, xacementos e rexistros que botan luz sobre esta época.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Esquecidas durante moito tempo pola historiografía, as mulleres eran as grandes descoñecidas da Antigüidade en Hispania. As novas visións sobre o pasado dan conta do papel máis activo das mulleres, de matronas a promotoras públicas e activas membros das comunidades cristiás. A profesora de Historia Antiga Henar Gallego dá conta das novidades.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Viaxamos á outra Galicia americana, Arxentina e Uruguai. Conmovémonos con Suárez Picallo, o Centro Galego de Bos Aires explicado por Ramón Suárez, o "Muxo", Castelao, ou en Radio Buenos Aires o programa Recordando a Galicia e Maruxa Boga, explicado por María Xosé Porteiro. Adentrámonos nos lazos artísticos a través da obra de Asorey e Luís Seoane. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
Na batalla polo wolframio na II Guerra Mundial, Galicia supuxo un punto clave para os dous bandos, que pelexaban por facerse co control dos xacementos do prezado material. Joan-Maria Thomàs, da Universitat Rovira i Virgili acompáñanos a este NearWest.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Michel Mafesoli é un sociólogo francés considerado un dos fundadores da socioloxía da vida cotiá. É coñecido pola súa análise da postmodernidade, a imaxinación e a popularización do concepto de tribu urbana. [+ info]
0:00 / 0:00
William Shea é unha das grandes figuras do pensamento contemporáneo en Europa. Unha dos máximos expoñentes mundiais da historia da ciencia. Participou en 2010 no ciclo de conferencias “Os sentido da Cultura”organizado polo Consello da Cultura Galega. [+ info]
0:00 / 0:00
O catedrático, escritor e especialista en Literatura Comparada, Darío Villanueva reflexiona sobre os cambios que as novas tecnoloxías e o seu contexto social inducen na cultura e na nosa percepción desta. [+ info]
0:00 / 0:00
Castelao escribiu relatos inspirados na tradición oral. Tres contacontos modernos: Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González interpretan a Castelao a cadanseu xeito e con cadansúas voces.
Neste episodio, Avelino González ponlle voz a algúns desas historias.
Neste episodio, Avelino González ponlle voz a algúns desas historias.
0:00 / 0:00
Castelao escribiu relatos inspirados na tradición oral. Tres contacontos modernos: Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González interpretan a Castelao a cadanseu xeito e con cadansúas voces.
Neste episodio, Cándido Pazó ponlle voz a algúns desas historias.
Neste episodio, Cándido Pazó ponlle voz a algúns desas historias.
0:00 / 0:00
Castelao escribiu relatos inspirados na tradición oral. Tres contacontos modernos: Santi Prego, Cándido Pazó e Avelino González interpretan a Castelao a cadanseu xeito e con cadansúas voces.
Neste episodio, Santi Prego ponlle voz a algúns desas historias.
Neste episodio, Santi Prego ponlle voz a algúns desas historias.
0:00 / 0:00
María José Lorenzo pon en valor a figura de Rosendo Salvado e a súa relación do mundo aborixe e os galegos no imaxinario colectivo australiano. [+ info]
0:00 / 0:00
O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas analiza o papel das Irmandades da Fala nos movementos nacionalistas na emigración americana e europea nos séculos XIX e XX. [+ info]
0:00 / 0:00
Exeria, peregrina da Gallaecia tardoantiga, é a primeira escritora coñecida da nosa Historia. O profesor López Pereira danos conta do que sabemos dela e da súa famosa viaxe a Terra Santa. [+ info]
0:00 / 0:00
Terceiro e último episodio da serie 'Castelao a carón de nós' , no que se aborda a etapa final de Castelao, coa súa presenza no exilio americano. Unha serie documental de Arraianos producións para o Consello da Cultura Galega.
0:00 / 0:00
Durante a Segunda Guerra Mundial, numerosos voluntarios galegos loitaron canda o exército alemán na dura fronte rusa, na experiencia que remataría coa derrota nazi. O profesor Xosé Manoel Núñez Seixas fálanos do contexto político e social, así como da memoria deste episodio.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Cal é o estado de saúde do Estado de benestar? Cara onde camiñan as políticas sociais en Europa? Luis Moreno é profesor no Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC. Como sociólogo político presta atención á evolución do modelo social europeo. [+ info]
0:00 / 0:00
A fecunda obra pictórica de Laxeiro, un dos grandes pintores do século XX, está chea da personalidade do pintor, desde a súa vida na comarca do Deza, a súa cultura artística e a visión das vangardas. Javier Pérez Buján, director da fundación Laxeiro axúdanos a entender a cerna da obra do pintor.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
A relación de Galicia co Mediterráneo, Asia e Oceanía. Unha viaxe con figuras como Exeria e Martiño de Dumio. Falamos co arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, a Casa da Especiaría ou a Biblia Kennicott e os xudeus de Galicia con María Gloria de Antonio Rubio. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
¿Que supón ser neofalantes na Europa multilingüe? Bernadette O’Rourke achega a súa perspectiva como estudosa e falante de galego. [+ info]
0:00 / 0:00
¿Como afecta ser nai á saúde mental? Para Mar García Puig, autora do libro “A historia dos vertebrados” reflexiona sobre a súa experiencia como nai e as consecuencias psicolóxicas que tivo a maternidade ao longo da historia.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Segundo episodio da serie documental 'Castelao a carón de nós', na que se explora a madurez creativa, vital e política de Castelao. Unha produción de Arraianos producións para o Consello da Cultura Galega.
0:00 / 0:00
Martín Sarmiento e a erudición como estilo de vida.
Joaquín Álvarez Barrientos, profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas investiga a produción intelectual dos hombres de letras do século XVIII.
[+ info]
Joaquín Álvarez Barrientos, profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas investiga a produción intelectual dos hombres de letras do século XVIII.
[+ info]
0:00 / 0:00
Galo Martínez é un dos fundadores do Museo do Videoxogo en Cangas. Ademais, traballa no desenvolvemento do proxecto, Música e Videoxogos para poñer en valor a composición de pezas pensada para este medio. Na seguinte conferencia, Galo Martínez expón as súas pesquisas. [+ info]
0:00 / 0:00
A relación de Galicia con Francia, Alemaña, Suíza e Centro Europa. Unha viaxe con figuras como Orosio ou Sofía Casanova ou Emilio Grandío para falarnos da Segunda Guerra Mundial. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
O noso primeiro episodio atravesa o mar para coñecer as relacións de cultura coas illas do Atlántico. Acompañamos a Plácido Castro ás illas Blasket, o levantamento de Pascua en Dublín, o celtismo, Álvaro Cunqueiro, Xurxo Ayán ou a emigración dos anos 60 ao Reino Unido. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
A Galicia e a Europa na que nace o Seminario de Estudos Galegos está inmersa en profundos cambios políticos e sociais. O catedrático Justo Beramendi sitúa o nacemento desta entidade fundamental para a cultura galega nese contexto.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
O feminismo de Emilia Pardo Bazán en perspectiva histórica. Pola biógrafa especialista no século XIX, Isabel Burdiel.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Unha serie documental de tres episodios para coñecer a vida e a obra de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, a través de múltiples voces de expertos. Producida por Arraianos Producións para o Consello da Cultura Galega.
Neste primeiro capítulo coñecemos os primeiros anos da vida de Castelao e o mundo que o veu nacer e medrar e que influiría na súa obra posterior.
Neste primeiro capítulo coñecemos os primeiros anos da vida de Castelao e o mundo que o veu nacer e medrar e que influiría na súa obra posterior.
0:00 / 0:00
¿Como é escribir en galego hoxe en día dende a diáspora? A catedrática Dolores Vilavedra é profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela explora as claves de lectura e desafíos das obras literarias escritas dende a emigración. [+ info]
0:00 / 0:00
Nos anos da II Guerra Mundial, foron moitos os galegos que acudiron traballar a Alemaña. O profesor Antonio Muñoz Sánchez achéganos o papel dos traballadores forzados e voluntarios de orixe galega.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Álvaro Seivane,fillo de Xosé Manuel Seivane estivo no Consello da Cultura para falar do legado do seu pai na mellora e construción da gaita galega e o seu papel no rexurdimento do instrumento. [+ info]
0:00 / 0:00
A OMS advertiu sobre os problemas para saúde das dietas centradas no consumo de carnes.
A vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica-USC e xefa da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS, Rosaura Leis Trabazo, veu falar sobre os hábitos de vida saudable.
[+ info]
A vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica-USC e xefa da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS, Rosaura Leis Trabazo, veu falar sobre os hábitos de vida saudable.
[+ info]
0:00 / 0:00
A zanfona recupérase na Transición como instrumento na nova canción protesta.
Segundo capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición".
Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
Segundo capítulo sonoro do documental "Na procura do son perdido. A zanfona, Memoria da transición".
Un proxecto dirixido por Ramon Pinheiro producido polo Consello da Cultura Galega e a Central Folque.
[+ info]
0:00 / 0:00
Etnicidade, nacionalismo, nacións sen estado e migracións. A catedrática de Ciencias Políticas, Montserrat Guibernau axúdanos a coñecer mellor a nosa historia a través dos símbolos.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
A cova Eirós, situada en Triacastela, Lugo é unha cova prehistórica que alberga un importante xacemento paleolítico único no noroeste peninsular.
A profesora de Paleontoloxía, Aurora María Grandal, amósanos os animais que habitaron a cova ao longo dos milenios. [+ info]
A profesora de Paleontoloxía, Aurora María Grandal, amósanos os animais que habitaron a cova ao longo dos milenios. [+ info]
0:00 / 0:00
Carmen Pena é catedrática de Historia da Arte Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid. Estivo no Consello da Cultura Galega en 2014 coa súa conferencia “Paisaxismo e identidade na Arte española contemporánea”. [+ info]
0:00 / 0:00
Desde o rosalianismo contemporáneo, parece cada vez máis precisa unha lectura sistémica do conxunto da obra, en prosa e en verso, en galego e castelán. Asociado a este tema está tamén o reto da revisión da edición da obra completa e a súa lectura á luz das máis importantes fontes, como a das letras alemás do seu tempo. Para unha interpretación integral da obra rosaliana
0:00 / 0:00
É posible unha xestión patrimonial común alén das fronteiras? O investigador e profesor, Felipe Criado-Boado, do Instituto de Cencias do Patrimonio e presidente da Asociación Europea de Arqueólogos, intenta responder a esta pregunta.
[+ info]
[+ info]
0:00 / 0:00
Atravesamos ao mar en dirección a América. Co historiador Xosé Manuel Núñez Seixas, aprendemos como funcionaban as redes de emigrantes en América, o nacemento dos símbolos galegos en Cuba, coñecemos a Asociación Fillas de Galicia con María Xosé Porteiro, o exilio galego en México, e figuras como Osorio Tafall ou Bal ou Manuel Quiroga. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
¿Que causa a fosforescencia do mar de Ardora? O investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, Francisco Rodríguez Hernández explícanos que organismos son os responsables deste fenómeno mariño que leva fascinando ao ser humano dende tempos remotos. [+ info]
0:00 / 0:00
Javier Moscoso é doutor en Filosofía e profesor de Investigación de Historia e Filosofía da Ciencia no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
No ano 2016 estivo no Consello da Cultura Galega coa súa conferencia “Promesas incumplidas. Unha historia cultural da ambición.”
[+ info]
No ano 2016 estivo no Consello da Cultura Galega coa súa conferencia “Promesas incumplidas. Unha historia cultural da ambición.”
[+ info]
0:00 / 0:00
Como foi a conquista do noroeste peninsular por parte dos romanos? O arqueólogo José Manuel Costa dá conta dos novos achados e enfoques que nos últimos anos están transformando a visión dos inicios da romanización de Gallaecia. [+ info]
0:00 / 0:00
Con motivo do 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos” o Instituto Cervantes realizou en 2013 unha homenaxe a Rosalía de Castro.
Un encontro presentado polo poeta e catedrático da Universidade de Granada, Luis García Montero.
[+ info]
Un encontro presentado polo poeta e catedrático da Universidade de Granada, Luis García Montero.
[+ info]
0:00 / 0:00
Madrid é case unha cidade galega, e o destino frecuente non só para emigrantes, senón para individuos con talento. Que nos une con Madrid? Que pegada deixamos os galegos en Madrid? Percorremos as vidas do padre Sarmiento, Concepción Arenal, Julio Camba ou Valle Inclán. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
¿Que se agochan entre as misteriosas ondas pintadas por Urbano Lugrís? O artista visual Antón Patiño acompáñanos polas lendas, paisaxes e o universo metafísico de Lugrís para coñecer mellor súa obra. [+ info]
0:00 / 0:00
Adentrámonos na cultura do país veciño a partir de figuras como Inés de Castro, o conflito da Guerra da Restauración con Rebeca Blanco-Rotea, a emigración dos galegos a Portugal con Domingo González Lopo, Valentín Paz Andrade, os cambios lingüísticos na fronteira con Rosario Álvarez e rematamos coa cantante Uxía e as súas influencias na música portuguesa. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
0:00 / 0:00
As novas olladas e tecnoloxías arqueolóxicas están a revelar todo un conxunto de xacementos prehistóricos ata agora descoñcidos que están a revolucionar a visión da prehistoria de Galicia. A profesora Pilar Prieto dá conta das novidades e a investigación sobre eles. [+ info]
0:00 / 0:00
Documentos
La Lindona de Galicia. Comedia famosa
Edición de 1760 de La Lindona de Galicia conservada na Biblioteca Estatal de Baviera (Múnic, Alemaña).
Descargar


