A presente colección diplomática está composta, fundamentalmente, por documentos orixinais en pergamiño, aínda que tamén en copias, dispersos por diferentes arquivos. Os pergamiños máis numerosos están no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, ademais de noutros arquivos galegos (arquivo do mosteiro de San Paio de Antealtares, Arquivo Histórico Universitario de Santiago, arquivo da Catedral de Ourense ou o Museo de Pontevedra). O libro complétase con catro índices: onomástico, toponímico, socio-profesional e de materias.
Título | Colección diplomática do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón |
Edición |
José Ignacio Fernández de Viana y Vieites |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 349 p. ; 24 cm. |
ISBN | 978-84-96530-95-9 |
Depósito Legal | VG. 1383-2009 |
CCG. Signatura | CCG 2009 362 |
Url externa | pdf en liña |
Colección | Fontes para a Historia de Galicia; Núm:11 |
Materias | |
Código QR |
|