O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidade Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical. O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os
alumnos de grao elemental da maioría das especialidades instrumentais se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo.
Anteriormente o Consello da Cultura Galega publicou dous métodos de iniciación á técnica e interpretación pianística: Arco da Vella (1999) e Raiola (2006). Ambas as dúas obras pedagóxico-musicais tamén foron realizadas polo autor do presente libro no seu afán de que a música folclórica ocupe un lugar de honra dentro do ámbito académico.

| Título | Paseniño Trompeta |
| Autoría |
Antonio Cerviño |
| Limiar |
Antonio Cerviño |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 78 p. : il. ; 30 cm. |
| ISBN | 978-84-92923-16-8 |
| Depósito Legal | C 780-2011 |
| CCG. Signatura | CCG 2011 401 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Autores & textos |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|