Co gallo da celebración do Día Mundial da Auga de 2006, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago de Compostela desenvolveron un proxecto de divulgación e concienciación da mocidade sobre a importancia deste ben básico na vida diaria e na cultura. Froito deste traballo, o CCG editou o libro "Auga e Cultura. Achegamento gráfico", que recolle as ilustracións feitas por 73 alumnos e alumnas da materia de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do centro compostelán no que reflicten a súa visión sobre a problemática arredor da auga.
| Título | Auga e cultura Achegamento gráfico |
| Coordinación |
Soledad Pite |
| Limiar |
Soledad Pite |
| Presentación |
Alfonso Zulueta |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 97 p. : principalmente il. ; 34 cm. |
| Notas | Ilustracións de Auga e Cultura, Achegamento Gráfico do alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, supervisados por Juan José Raíces e Soledad Pite. |
| ISBN | 84-96530-12-4 |
| Depósito Legal | VG. 294-2006 |
| CCG. Signatura | CCG 2006 287 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|












