Este informe é a continuación de A Muller na Cultura Galega (I). O obxectivo é complementar o anterior con datos sobre a situación das mulleres en Galicia no ámbito cultural. O que se pretende é afondar un pouco máis na temática partindo de fontes primarias, habida conta da escaseza de datos nas estatísticas oficiais. Neste traballo, estudouse a presenza das mulleres nos principais galardóns culturais, así como na Administración, en postos directivos das empresas culturais, indicadores de produción e a composicións das orquestras galegas. A información tomouse de directorios públicos ou solicitouse a titulares das fontes primarias sobre as que se realizou unha posterior explotación estatística.
| Título | Muller na Cultura Galega (II) , A |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 24 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








