O seguinte documento de traballo ofrece información relativa ao emprego cultural dende diferentes perspectivas a partir de distintas fontes estatísticas. Para a súa elaboración tivéronse en conta, entre outras, a metodoloxía do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na súa operación estatística de emprego cultural, así como a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estadística. Inclúense as persoas ocupadas que desenvolven a súa actividade laboral no ámbito cultural, o que permite valorar a magnitude do emprego deste sector e coñecer as súas características principais. Esta operación estatística ofrece unha visión global da cuestión. A segunda análise realizouse a partir dos datos de afiliacións á Seguridade Social do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Esta perspectiva permite unha visión pormenorizada do emprego no referente á distribución xeográfica, réxime de cotización e outras variables, pero limita o ámbito de estudo ás empresas culturais, deixando á marxe aqueles traballadores con ocupacións culturais noutro tipo de actividades económicas. Realízase tamén unha análise dos datos ofrecidos por este ministerio no referente ás contratacións. Deste xeito púidose analizar o emprego cultural dende o enfoque das ocupacións (profesións culturais) e dos principais agregados de actividade económicas (empresas culturais). En último lugar, a partir dos datos de paro rexistrado, ofrécese unha panorámica dos desempregados con profesións culturais e artísticas.
| Título | emprego cultural en Galicia, O |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 19 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| DOI | Carece |
| Colección | Datos & Informes. O emprego cultural en Galicia |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








