Este documento de traballo ten como obxectivo analizar o papel do turismo cultural en Galicia, a súa influencia no desenvolvemento socioeconómico da comunidade e os posibles beneficios que este reverte na economía galega. Neste senso, ofrécense datos de carácter xeral sobre turismo nacional, turismo dos galegos, turismo internacional e turismo de cruceiros, á vez que se afonda en variables como o gasto total dos turistas españois e estranxeiros que chegan á comunidade galega e dos propios galegos nas viaxes que realizan fóra de Galicia por motivos culturais. Os indicadores de emprego e afiliacións á Seguridade Social do sector veñen a completar este mapa de situación. Así mesmo, esta análise complétase con datos relativos ao Camiño de Santiago, por ser este un activo importante dentro do turismo cultural en Galicia.
| Título | turismo cultural en Galicia (2013 e avance 2014), O |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 14 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| DOI | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








