A edición deste cómic conmemorativo do Ano Internacional dos Solos foi posible grazas á Delegación da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS) en Galicia e ao proxecto de divulgación Ciudad Ciencia, iniciativa do CSIC e a obra social "la Caixa", que quixeron celebrar esta efeméride coa edición do cómic divulgativo Vivir no solo, elaborado polo Consello da Cultura Galega. Esta nova publicación supón a tradución do galego ao castelán así como a adaptación dos seus contidos ás diferentes problemáticas que pode ter o solo noutro contexto xeográfico diferente do galego, que era no que se ambientaba a primeira.
| Título | Vivir en el suelo [Español] |
| Asesoramento |
María Teresa Barral Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Coordinación |
Montserrat Díaz Raviña |
| Documentación |
María Teresa Barral Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Guión |
Marilar Aleixandre |
| Ilustración |
Fran Bueno |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Delegación Galicia SECS; Ciudad Ciencia; CSIC; Obra Social La Caixa, 2015 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | [14] p.: il. cor; 30 cm. |
| Notas | Na portada: "2015 Año Internacional de los Suelos". No ano 2016 a Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo en Galicia coordinou a edición de material didáctico derivado desta banda deseñada: Vivir en el suelo: unidad didáctica . Esta versión en español foi reeditada en 2018 no marco do proxecto Ciudad Ciencia impulsado polo CSIC e a FECYT en colaboración coa SECS-Delegación Territorial de Galicia: Vivir en el suelo (2018). |
| ISBN | 978-84-8408-810-3 |
| Depósito Legal | C 401-2015 |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








