A posta en marcha da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia implica contar cun grupo de profesionais que posúan un coñecemento altamente especializado das artes escénicas e un amplo abano de coñecementos relacionados coa función docente.
Con este informe, a Comisión Técnica de Teatro do Consello da Cultura Galega pretende ofrecer a todas aquelas persoas interesadas na función docente no eido da Arte dramática un conxunto de materiais que poidan servir para tomar conciencia das características da función docente e asumir os seus principios, problemáticas e desafíos dado que as ensinanzas artísticas presentan unha serie de trazos e peculiaridades sumamente específicas e diferenciais.

| Título | arte dramática e función docente, A |
| Autoría |
José Antonio Caride Felipe Trillo Manuel F. Vieites |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Música e Artes Escénicas; Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2004 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 361 p. ; 22 cm. |
| ISBN | 84-95415-95-X |
| Depósito Legal | C 46-2005 |
| CCG. Signatura | CCG 2005 272 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Base |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)