A administración Local é hoxe en día aquela que dedica máis recursos e a que realiza maiores investimentos no eido da acción cultural. Desde a implantación do sistema democrático no noso país, os concellos desenvolveron un labor protagónico dirixido tanto a apoiar a recuperación da cultura tradicional e a promover a participación das asociaciónns e os creadores culturais como a facilitarlles aos públicos unha oferta cada vez máis elaborada. Esta dinámica está a provocar que os procesos e as políticas culturais se caractericen pola súa progresiva complexización. Os públicos resultan cada vez máis heteroxéneos e as súas demandas participativas crecentes. Por outra banda, a culta está a resultar nos últimos anos, e no contexto dunha xeira histórica marcada polo coñecemento e a información, un ben estratéxico e fundamental no actual estadio de redefinición social, económica e cultural das nosas sociedades. Os encontros que leva a cabo o Consello da Cultura Galega aspiran a achegar orientacións e criterios para afondar no coñecemento deste tipo de procesos sociais aos que hoxe nos enfrontamos.
| Título | Cultura e concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local. Actas dos I Encontros Cultura e Concellos celebrados en Santiago de Compostela o 27 e 28 de novembro de 1998 |
| Coordinación |
Xan Bouzada |
| Autoría |
Antonio Blanco Rodríguez Xan Bouzada Iñaki López de Aguileta Xavier Marcé Carol José Luis Méndez David de Prado Díez Toni Puig Víctor Juan Ventosa Pérez |
| Limiar |
Xan Bouzada |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2000 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 150 p. ; 24 cm. |
| ISBN | 84-95415-16-X |
| Depósito Legal | VG 509-2000 |
| CCG. Signatura | CCG 2000 173 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Evento |
Encontro. I Encontros Cultura e Concellos. //. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








