Esta publicación recolle material empregado polos relatores que participaron nas xornadas "Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega", celebradas no Consello da Cultura Galega en 1999. Reproduce cartas, poesía e prosa de escritores que desenvolveron o seu traballo no trienio 1936-1939, e outro material de utilidade para analizar a literatura galega naquel tráxico momento histórico. O presente volume contén textos e documentos que, dun xeito ou doutro, foron tidos en conta polos relatores e comunicantes, o que foi útil para eles e, máis aínda, para os asistentes ás Xornadas. Estes, por outra parte, atoparon neste volume páxinas (non só aquelas que son inéditas) que se propoñen suscitar reflexións ou novos estudios ou encontros futuros.
Título Guerra civil (1936-1939) e literatura galega
Textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate
Edición Xesús Alonso Montero
Miro Villar
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua, 1999
Edición 1ª edición
Descrición física 161 p. ; 25 cm.
ISBN 84-95415-00-3
Depósito Legal VG 999-1999
CCG. Signatura CCG 1999 155
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Evento Xornada.
Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega.
//. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Código QR
qr code