A importancia da industria cultural na dimensión económica xeral dun país é un feito crecente, cunha repercusión cada vez maior na sociedade actual, que valora o papel da cultura como un sector máis de dinamización do tecido socioeconómico. O seguinte documento de traballo debulla os principais indicadores do sector produtivo da cultura galega, comezando coa análise da Conta Satélite da Cultura de Galicia que acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE). Esta operación proporciona un sistema de medición económica do sector cultural que permite estimar o impacto da cultura sobre o conxunto da economía galega, á vez que amosa a estrutura produtiva das diferentes actividades culturais.
| Título | sistema produtivo da cultura (2016), O |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 9 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| DOI | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








