O seguinte documento presenta información relacionada coa actividade da música en Galicia e estrutúrase en dous bloques fundamentais: a música clásica e a música popular. O informe está conformado por unha serie de indicadores cos que se pretende dar unha visión precisa sobre o panorama musical galego: número de concertos, espectadores, recadación ou gasto medio por espectador, entre outros. Co fin de obter unha percepción máis obxectiva, o documento amosa, ademais, unha comparativa territorial, tanto co resto das comunidades autónomas de España como coa media estatal, á vez que se establece unha análise da evolución temporal dos datos.
[Data da nota de prensa: xullo 2017]
| Título | música en Galicia [2017], A |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 21 p. : gráf. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Melloran os indicadores de asistencia e recadación de música clásica e baixan os de música popular, segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da nota: 18/7/2017].



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








