O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre os principais colectivos do sistema teatral en Galicia para presentar no I Congreso Internacional do Teatro Galego, programado inicialmente para marzo de 2020, agora posposto para outubro deste mesmo ano. Os estudos preliminares mostraron a existencia de escasa evidencia empírica sobre as relacións dos principais colectivos implicados. Leváronse a cabo unha serie de reunións con representantes do sector para detectar as necesidades de información que había. O resultado puxo de manifesto que non existía un produto que medise a relación existente entre público, persoas creadoras e axentes, salvo experiencias puntuais e escasamente sistematizadas.
Por isto, o Consello da Cultura Galega aprobou desenvolver unha sondaxe nuns universos definidos previamente co sector do teatro que dese conta da súa realidade. Este informe é un avance de resultados dunha explotación preliminar de tres enquisas executadas entre novembro de 2019 e febreiro de 2020.

Título | Avance de resultados do informe sobre o teatro galego : creadores, xestores e públicos |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 27 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Colección | Informes |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|