Esta publicación recolle as actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, celebrado en Pontevedra en xullo de 1997.
Que Galicia foi e é un país cun importantísimo potencial humano e económico adicado ás actividades relacionadas co mundo do mar é innegable. Chegue con dicir -sen entrar agora nos aspectos do marisqueo ou da acuicultura-, que ocupa o primeiro lugar, en canto o total de tonelaxe das embarcacións, de entre todos os estados que conforman a U.E (270577 t fronte ás 259981 que ten Italia, a segunda na lista). Pero, por coñecidas razóns, os investigadores, tanto historiadores como antropólogos, case sempre se mantiveron de costas a esta importantísima faceta de realidade galega. Isto foi o que motivou á Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega a organizar un simposio que servira de revulsivo á comunidade científica galega. Acordouse adicalo á memoria de D. Xosé Filgueira Valverde, Presidente que foi do Consello e estudioso dos mareantes da súa ben amada Pontevedra.

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)