Folleto de seis páxinas, publicado con motivo da convocatoria das eleccións xerais do 28 de outubro de 1982. Nel, as organizacións asinantes recollen unha listaxe de esixencias relacionadas co traballo, a educación, os coidados, a saúde, a sexualidade e o lesbianismo, o divorcio, as agresións e o aborto.
Explícase que se trata de reivindicacións destinadas a erradicar as discriminacións das mulleres polo feito de selo, que deben ser asumidas polos partidos políticos da cor que for, máis alá das promesas preelectorais, e traducirse en prácticas específicas no exercicio de goberno.

| Título | As mulleres tamén temos algo que decir sobre as eleccións |
| Publicación | A Coruña; Santiago; Vigo: Asamblea de Mulleres de A Coruña; Asociación Galega da Muller de Santiago; Coordinadora Feminista de Vigo, 1982 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 6 p.: il., 11x22 cm |
| Notas | Localización do orixinal: CDIF (CCG), Fondo especial MFOG, AMC_009 |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | Sextina; Núm:6 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)