Número monográfico centrado nas discriminacións nas que se ven envoltas as mulleres polo feito de selo e na dificultade de que as propostas feministas callen entre a sociedade. Componse de entrevistas, artigos e un guieiro bibliográfico nas últimas páxinas.
As protagonistas das entrevistas son: María Xosé Queizán, escritora feminista; María Xesús Arias, residente da Casa de Acollida de Ferrol; Mertxe Inza, Directora do Centro de Información dos Dereitos da Muller e Casa de Acollida de Vigo e varias mulleres agredidas.
Nos artigos: Rosa Miguélez aborda a igualdade real, Mercedes Pintos, a violencia contra as mulleres; Nanina Santos fala das mulleres en Galicia, Asunción Caamaño das traballadoras de Charpo, Begoña Caamaño do acoso sexual no traballo, Manuela Veiga dos cambios necesarios nos homes para acadar a igualdade real, Ana Gandón e Pilar García Negro da relación mulleres e políticas públicas, Felisa Balboa Cardoso da depresión nas mulleres, Carmen Panero da linguaxe inclusiva e Xulia Fraga as disfuncións sexuais.

| Título | As mulleres somos [Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura; n. 10] |
| Coordinación |
Manuel Veiga |
| Publicación | [Vigo]: Promocións Culturais Galegas S.A., 1991 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 48 p.: il., cor; 28,50 x 21 cm |
| Depósito Legal | VG 90-1989 |
| Colección | Sextina |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)