Investigación promovida polo Instituto de Ciencias da Familia (INCIFA) e a Universidade de Notre Dame (Indiana). Confronta a perda de falantes do galego na procura de facer unha diagnose que permita revertela. Achégase a familias da provincia de Pontevedra. Presenta unha visión nesgada sobre o lugar das mulleres na transmisión e conservación da lingua facendo recaer, de xeito acrítico, un alto grado de responsabilidade sobre elas. Presta particular atención ás que nomea como “amas de casa” e conta coa participación de seiscentas entrevistadas. Convértese así nunha fonte de datos axeitada sobre as formas de uso do galego como lingua vehicular por parte de nais de familias da Provincia de Pontevedra en 1974. Unha achega ás formas nas que articulan os seus procesos identitarios atendendo a lingua como elemento diferencial na construción da identidade galega.
Realizada cun equipo de investigador dirixido por Margarita Ayestaran Aranaz e Justo de la Cueva Alonso, e que ten como membros a Daniel Parrilla Casaleiro e a Guillermina Ayestaran Aranaz. Conta tamén cun equipo de realización que ten a Manuel Rodríguez Reguera como director do traballo de Campo e un equipo de entrevistadores e entrevistadora formado por: Manuel Álvarez Martínez, Francisco Ramón Armán Barcia, Manuel Costas Reyau, Jose Manuel Cotelo Amado, José Manuel Faro de Cela, María del Carmen Flores Sánchez, Antonio Gude Rivas, José Luis Martínez Souto, Luciano Sánchez Calvo, José Antonio Santiago Villar e Alberto Suárez Villar.

[Data da nota de prensa: decembro 2025]
| Título | familias de la provincia de Pontevedra en 1974, Las (Galleguidad y Conflicto Lingüistico Gallego) |
| Dirección |
Justo de la Cueva Alonso Margarita Ayestarán Aranaz |
| Publicación | Sevilla: Instituto de Ciencias de la Familia, 1974 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 126, XI p.: il., cor; 31 cm |
| Notas | Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG [CI/AYE/fam] Dispoñible baixo licenza CC BY-SA en: https://justodelacueva.org/s/JCDAG/item/7089 |
| Depósito Legal | M 37379-1974 |
| Colección | Sextina |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Súbese ao proxecto “Sextina” unha investigación sobre os usos lingüísticos das familias de Pontevedra en 1974 [Data da nota: 16/12/2025].