Esta publicación achégase á realidade sociolaboral do colectivo profesional de técnicos e animadores culturais en cada un dos concellos galegos. Atopámonos ante un estudo estatístico. Ora ben, as enquisas desta obra non se conforman con amosarnos a situación actual destes profesionais, senón que nos achegan tamén as súas expectativas, reivindicacións e, xa que logo, suxestións para unha máis eficaz xestión cultural.
A descrición e os cadros que ilustran esta obra amósannos unha actividade en exceso condicionada pola cor política do goberno local, o peso excesivo da compoñente burocrática, a polivalencia ou multifunción e unha significativa falta de información e comunicación entre técnicos, políticos e outros axentes culturais, amais de deixar constancia da necesidade de mellorar a calidade dos servizos e os aspectos formativos dos profesionais que se dedican á xestión cultural.

| Título | Situación e perspectivas sociolaborais dos técnicos de Cultura dos Concellos Galegos |
| Dirección |
Xan Bouzada |
| Equipo técnico |
Mercedes Fernández Gestido Miguel Valverde Juncal |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2007 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 73 p. : gráf. ; 28 cm. |
| ISBN | 978-84-96530-43-0 |
| Depósito Legal | C 3953-2007 |
| CCG. Signatura | CCG 2007 321 |
| Url externa | papel |
| Url externa | pdf en liña |
| Colección | documentos & informes; Núm:2 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)