O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre os principais colectivos do sistema teatral en Galicia para presentar no I Congreso Internacional do Teatro Galego, programado inicialmente para marzo de 2020, agora posposto para outubro deste mesmo ano. Os estudos preliminares mostraron a existencia de escasa evidencia empírica sobre as relacións dos principais colectivos implicados. Leváronse a cabo unha serie de reunións con representantes do sector para detectar as necesidades de información que había. O resultado puxo de manifesto que non existía un produto que medise a relación existente entre público, persoas creadoras e axentes, salvo experiencias puntuais e escasamente sistematizadas.
Por isto, o Consello da Cultura Galega aprobou desenvolver unha sondaxe nuns universos definidos previamente co sector do teatro que dese conta da súa realidade. Este informe é un avance de resultados dunha explotación preliminar de tres enquisas executadas entre novembro de 2019 e febreiro de 2020.
Titulo Avance de resultados do informe sobre o teatro galego
Subtítulo : creadores, xestores e públicos
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 27 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI. Ed. pdf Carece
Depósito Legal. Ed. pdf Carece
Materias
Áreas
Código QR