Este libro é o estudo crítico que vai nunha carpeta acompañado pola edición facsimilar do título orixinal.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicadas este ano a Lois Pereiro, o Consello da Cultura Galega rescata as páxinas de Loia, revista galega alternativa da que se editaron catro números entre 1975 e 1978. Entre as súas páxinas atopábanse as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro.
Preséntase así esta edición facsimilar de Loia, acompañada de textos que contextualizan a
revista e reviven unha parte daqueles soños primeiros dos que estaban chamados a contribuír a darlles novos azos á cultura e á literatura galegas.
Con esta publicación o Consello da Cultura Galega pretende contribuír ao rescate da dimensión contemporánea e radical de Lois Pereiro, un autor individualista e escéptico, comprometido e distante, silandeiro e falador á súa maneira, finalmente convertido en autor de culto que este ano, por decisión da RAG, pasará a ser autor medianamente popular.

| Título | Loia Estudo crítico |
| Coordinación |
Xosé Manuel Pereiro |
| Autoría |
Helena González Fernández Antón Patiño Pérez Xosé Manuel Pereiro Manuel Rivas |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | [ 4 v. : il. ; 30 cm. + ] 1 libro |
| Notas | Imprimíronse cincocentos exemplares numerados. O 365 na Biblioteca do CCG |
| CCG. Signatura | CCG 2011 413 |
| Url externa | pdf en liña |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)