Froito de diversos convenios de colaboración asinados entre o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través do seu departamento de Relacións Laborais son hoxe públicas investigacións que axudan a construír unha imaxe fiel das condicións laborais dos traballadores dos medios de comunicación de Galicia e das súas actitudes profesionais. Estas achegas permitiron estudar o funcionamento interno das redaccións dende perspectivas e ámbitos diferentes. A partir dun estudo inicial que permitiu elaborar un primeiro censo dos xornalistas que exercían o seu labor en Galicia e que ofreceu unha perspectiva global, dúas investigacións sucesivas botaron luz sobre colectivos profesionais cuxa situación laboral era case descoñecida ou non fora estudada en absoluto. Por un lado analizouse a situación laboral dos xornalistas dos medios electrónicos e, por outro, elaborouse o presente traballo sobre a situación profesional dos documentalistas.
| Título | situación profesional dos documentalistas nos medios de comunicación de Galicia, A |
| Coordinación |
Xosé López García María Antonia Pérez Rodríguez Miguel Túñez López |
| Colaboración |
Rosa Aneiros Pedro Carrasco Solla Marcos S. Pérez Pena |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo de Comunicación, 2007 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 1 CD |
| ISBN | 978-84-96530-25-6 |
| Depósito Legal | C 388-2007 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Informe |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








