O Consello da Cultura Galega promoveu desde finais de 2009 un proceso de debate e mesmo de remuíño de ideas arredor da situación actual da cultura galega, dos problemas que os seus actores identifican como tales e das propostas de futuro que se poden albiscar. Albergamos toda esta actividade baixo o nome de Reflexión estratéxica, unha publicación composta, case a partes iguais, por unha análise cualitativa do sector e por unha participación, especializada pero máis aberta, na que varias ducias de actores e membros do sector cultural achegaron a súa visión e a súa experiencia para fixar unha diagnose da situación e propoñer vías de acción no porvir inmediato.
| Título | Reflexión estratéxica sobre a cultura galega |
| Coordinación |
Xosé López García |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Presentación |
Xosé López García |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 142 p. : il. cor e n. ; 28 cm. |
| Notas | Contén 5 áreas con cadanseu responsable: Políticas culturais / Ramón Máiz -- Institucións da cultura / Rosario Álvarez -- Cultura e mercado / Francisco Campos -- Contidos da cultura / Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo -- Proxección exterior / Xulio Ríos |
| ISBN | 978-84-92923-23-6 |
| Depósito Legal | C 1452-2011 |
| CCG. Signatura | CCG 2011 415 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | vídeo en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | documentos & informes; Núm:18 |
| Evento |
Presentación. Informe «Reflexión estratéxica sobre a cultura galega». //. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








