Esta publicación constitúe segundo os expertos unha obra fundamental do patrimonio filolóxico e lingüístico europeo. Os seus dous tomos resumen o comparatismo decimonónico e introduciron en España os fundamentos epistemolóxicos do estudo da linguaxe e as súas relacións co pensamento. Desde os Vedas e linguas clásicas ata comezos do século XX, Amor Ruibal realiza nesta obra un compendio histórico excepcional.

O Consello da Cultura Galega, por iniciativa da Sección de Filosofía e Pensamento, decidiu publicar a edición facsimilar de dúas obras, singularmente importantes, de Amor Ruibal, que agora presentamos: Principios Generales de Lingüística Indo-Europea e os dous tomos de Los problemas fundamentales de la Filología Comparada, rescatándoas dun inxusto esquecemento por seren esenciais tanto na filosofía coma na lingüística.
Título problemas fundamentales de la filología comparada, Los
Su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas
Autoría Ángel Amor Ruibal
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Filosofía e Pensamiento, 2005
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v. ; 21 cm.
Notas Reprod. facs. da ed. de: Madrid : Fernando Fé, 1904-1905.
ISBN 84-96530-06-X (obra completa)
Depósito Legal VG 1227-2005
CCG. Signatura CCG 2005 283-1 ; CCG 2005 283-2
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR
qr code