Os arquivos sustentan unha parte fundamental da memoria colectiva, ao mesmo tempo que constitúen o soporte testemuñal da Historia. Deste xeito, amósanse coma unha ferramenta de coñecemento común, posto que son depositarios de información de carácter social e cultural, funcionando como custodios da documentación da actividade dunha institución ou empresa.
Neste informe expóñense os antecedentes conceptuais da arquivística e amósanse os datos estatísticos dos arquivos galegos dende diferentes indicadores como tipo de arquivo, institución xestora ou titularidade. Tamén son obxecto de estudo outros indicadores transversais como hábitos e prácticas culturais, ensinanzas, emprego e a actividade de empresas relacionadas con este ámbito.

| Título | arquivos e a protección do patrimonio documental, Os |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2013 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 9 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)