O estudio da variación dialectal foi sempre un terreo fértil nas investigacións de lingüística galega. Na última década as investigacións sobre as variantes xeográficas do galego víronse arrequentadas pola publicación dos tomos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) correspondentes á morfoloxía verbal e nominal e á fonética. O léxico non puido terse en conta para a fixación de variedades porque non se dispoñía de materiais que fornecesen información ordenada e sistematizada sobre todo o territorio lingüístico. Coa intención de presentar diferentes propostas de traballo xurdidas do estudio do léxico desde unha perspectiva xeográfica e tamén co obxectivo de dar a coñece-las primeiras investigacións sobre dialectoloxía lexical elaboradas sobre o material do ALGa que nos próximos anos se verá publicado, presentamos este conxunto de contribucións nas que se aborda o estudio do léxico a partir de distintas perspectivas e con diferentes obxectivos.
Título | Dialectoloxía e léxico |
Edición |
Rosario Álvarez Xulio Sousa Francisco Dubert |
Autoría |
Raquel Aira González Mario Alinei Aquilino S. Alonso Núñez Rosario Álvarez Ana Isabel Boullón Xosé Henrique Costas González Francisco Dubert Francisco Fernández Rei Manuel González González María González González Ernesto González Seoane Mónica Martínez Baleirón Gonzalo Navaza Blanco Helena Pousa Ortega Mario Romero Triñanes Antón Santamarina Larisa Santos Suárez Joâo Saramago Xulio Sousa Begoña Varela Vázquez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Instituto da Lingua Galega, 2002 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 429 p. : il. ; 23 cm. |
Notas | Recolle as contribucións presentadas como relatorios no Simposio de Dialectoloxía e Léxico celebrado en Santiago de Compostela, durante a primavera de 2001 |
ISBN | 84-95415-66-6 |
Depósito Legal | C 2520-2002 |
CCG. Signatura | CCG 2002 222 |
Url externa | |
Url externa | pdf en liña |
Colección | Base |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|