Unha das novidades científicas máis salientables do século XIX foi a maioría de idade que acadou a química. Asentáronse as bases conceptuais desta ciencia e sobre elas desenvolvéronse, nun proceso incriblemente rápido para o que é o devir das ciencias, as diferentes teorías que serviron para coñecer a constitución e comportamento da materia. En Galicia, esta nova disciplina chegou nas primeiras décadas do século XIX cando os colexios prácticos da Universidade de Santiago tentaron poñer ao día o ensino superior. Maiormente coa creación do Colexio de Farmacia de San Carlos no ano 1815, onde os discípulos de Proust e seguidores das novas teorías de Lavoisier comezaron por primeira vez a falar esta nova linguaxe. A partir deles, nun proceso que tivo moitas sombras pero tamén momentos de fulgor, a nova química foi deixando as súas pegadas nesta terra. A estes pioneiros e a todos os que os seguiron neste decisivo século XIX vai dedicado este libro.
| Título | comezos da química moderna en Galicia e a súa proxección no século XIX, Os Bicentenario da fundación do Colexio de Farmacia de Santiago de Compostela (1815-2015) |
| Coordinación |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Autoría |
Manuel R. Bermejo Patiño Ramón Cid Manzano Francisco Díaz-Fierros Viqueira Xosé Antón Fraga J. Santiago Sanmartín Rafael Sisto |
| Limiar |
Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 171 p. ; 24 cm. |
| ISBN | 978-84-92923-79-3 |
| Depósito Legal | C 2226-2016 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Ensaio & Investigacion |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








