Este documento de traballo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega estrutúrase en dúas partes diferenciadas. Por unha banda, realízase unha análise cuantitativa dos indicadores máis representativos da actividade cinematográfica en Galicia. Os resultados contextualízanse nun ámbito territorial máis amplo, en comparativa co resto das comunidades autónomas, e tamén nun período temporal (2014-2018) que facilita a interpretación evolutiva da situación nos últimos anos. Por outra banda, recóllese a opinión sobre ámbitos importantes do desenvolvemento do audiovisual en Galicia (a creación, a produción, a exhibición e difusión ou o papel da Administración pública) dalgúns dos axentes protagonistas do audiovisual galego: os responsables da Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, a cooperativa de creación e difusión cultural NUMAX e a Axencia Galega das Industrias Culturais.

[Data da nota de prensa: xullo 2019]

Título cine en Galicia [2018], O
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición
Descrición física 31 p.: gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal Carece
DOI Carece
Colección Datos & Informes
Materias
Áreas
Código QR
qr code