Entre 1914 e 1936, aquén e alén do Atlántico, creáronse e disolvéronse moitos coros. Grazas a eles e ao seu interese non se perdeu gran parte do noso patrimonio oral e musical. Rescatárono, harmonizárono para poder ser cantado en grupo, fixérono soar, divulgárono en partituras e en libros, gravárono en diferentes soportes...
Esvaecéronse as persoas, mais quedan connosco as súas voces coa súa música, a que seguen a cantar os sucesores e sucesoras de catro deles, que son os que honramos nesta exposición conmemorativa promovida polo Consello da Cultura Galega, nun acto de recoñecemento e agradecemento á memoria dos que lles deron vida ao longo dun século e aos que manteñen viva a súa traxectoria: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).

[Data da nota de prensa: decembro 2018]

Título Son de Galicia.
Canto, música, baile e teatro dos coros. Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos
Comisariado Miguel Anxo Seixas
Presentación Rosario Álvarez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 51 p.: il., fot., cor
Notas Exposición organizada polo Consello da Cultura Galega. Colaboran Afundación, Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral de Ruada, Cantigas e Agarimos.
ISBN 978-84-92923-98-4
Depósito Legal C 2269-2018
Url externa Catálogo RBG
Evento Exposición. Son de Galicia
Son de Galicia.
10/10/2019. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela Exposición. Son de Galicia
Son de Galicia.
5/9/2019. Sala de exposicións Afundación. Vigo Exposición. Son de Galicia
Son de Galicia.
13/8/2019. Casa das Campás. Pontevedra Exposición. Son de Galicia
Son de Galicia.
6/6/2019. Afundación . Ourense Exposición. Son de Galicia
Son de Galicia.
4/12/2018. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR