A presente publicación integra a edición da colección de diplomas medievais en pergamiño de Santa Comba de Naves, priorado do mosteiro de San Salvador de Celanova, constituída por 266 documentos. A colección diplomática vai precedida dun estudo introdutorio que constitúe unha caracterización xeral do conxunto diplomático en foco, ademais dunha aproximación á atención que ten recibido o mosteiro por parte da investigación. Aténdese, particularmente, á definición do corpus documental en pergamiño de Santa Comba, ás vicisitudes históricas que experimentou, á tipoloxía documental, aos redactores e ás variedades lingüísticas empregadas na escrita dos pergamiños. Inclúe tamén unha pormenorizada normativa editorial que se presenta dividida polas diferentes modalidades lingüísticas representadas na colección (galego, latín e castelán). A obra complétase cunha serie de anexos que achegan a transcrición de documentación complementaria á presentada á colección diplomática, unha reconstrución da configuración do acervo de Santa Comba no arquivo do cenobio celanovés e, finalmente, os preceptivos índices de pergamiños, documentos, antroponímico e toponímico.
Título Colección diplomática medieval do mosteiro de Santa Comba de Naves
Documentos en pergamiño
Autoría Pedro Dono López
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 1 CD + libro ( Edición dixital)
Notas Este CD contén a edición dixital (PDF de 1101 páxinas) da Colección diplomática medieval do mosteiro de Santa Comba de Naves e os índices de pergamiños, documentos, antroponímico e toponímico.
O libro en papel contén o estudo introdutorio previo, recollido tamén na publicación completa no CD.
ISBN 978-84-17802-41-7
Depósito Legal C 2287-2021
Url externa Catálogo RBG
Colección Gallaeciae Monumenta Historica
Materias
Áreas
Código QR
qr code