O presente traballo trata de dar continuidade a unha serie de estudos promovidos desde o ano 2020 polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. Nesta ocasión partiuse do obxectivo de abarcar un universo maior que o dos barómetros precedentes, contando con todo o sector, polo que os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicas…).

[Data da nota de prensa: abril 2022]

Título Barómetro da cultura galega 2022
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 79 p.: gráf. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.

Máis información:
Barómetro da cultura galega I, xullo 2020
Barómetro da cultura galega II, xaneiro 2021
Barómetro da cultura galega III, xullo 2021
Barómetro da cultura galega 2023
Barómetro da cultura galega 2024
DOI 10.17075/bcg.04.2022
Materias
Áreas
Código QR
qr code
Gabinete de comunicación

O Barómetro da cultura galega destaca o inicio da recuperación do sector [Data da nota: 27/4/2022].