Este novo informe vén a completar unha serie de estudos promovidos polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. O presente documento constitúese como a terceira edición do Barómetro da Cultura Galega, cuxas primeira e segunda partes foron publicadas en xullo de 2020 e marzo de 2021 respectivamente. Se o primeiro barómetro deixaba constancia dos problemas das empresas culturais galegas para afrontar a severa caída da súa facturación e o aumento de despedimentos, no segundo detectábase certa mellora e proxectaba algúns sinais de adaptación á “nova normalidade”. A elaboración deste terceiro barómetro permitirá observar a evolución das empresas do ámbito da cultura en Galicia ao longo dos máis de dezaseis meses transcorridos dende que comezou a crise sanitaria.
[Data de comunicación: outubro 2021]
Título | Barómetro da cultura galega III Xullo de 2021 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 41 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel. Máis información: Barómetro da cultura galega I, xullo 2020 Barómetro da cultura galega II, xaneiro 2021 Barómetro 2022 Barómetro da cultura galega 2023 |
DOI | 10.17075/bcg.03.2021 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Un novo Barómetro da Cultura Galega constata o avance do sector da cultura tras a pandemia [Data da comunicación: 1/10/2021].