Nada máis rematar o ano 2022 deuse inicio aos traballos de campo da última edición do barómetro. Unha das novidades desta entrega é que ademais de preguntarlles a empresas, administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro, incluíuse unha submostra de profesionais autónomos vinculados á produción cultural.
O estudo permite coñecer a percepción das persoas responsables destes organismos sobre a marcha da economía, do sector cultural ou das propias entidades durante 2022, ao tempo que recolle as súas expectativas para 2023. Tamén presta atención a aspectos relevantes como a solicitude de subvencións ou axudas das administracións, a política de investimentos levada a cabo polas entidades, os pasos dados nos procesos de internacionalización e dixitalización, as características do capital humano que compoñen os cadros de persoal, etc. No plano máis puramente valorativo, o estudo somete ao xuízo dos profesionais da cultura cuestións relativas ás debilidades e fortalezas do sector e ao impacto do Ano Santo 2021-2022.

[Data da nota de prensa: abril 2023]
Título | Barómetro da cultura galega 2023 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 94 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel. Máis información: Barómetro da cultura galega I, xullo 2020 Barómetro da cultura galega II, xaneiro 2021 Barómetro da cultura galega III, xullo 2021 Barómetro da cultura galega 2022 Barómetro da cultura galega 2024 |
DOI | 10.17075/bcg.05.2023 |
Evento |
Difusión. Documento de traballo Barómetro da cultura galega 2023. 20/4/2023. . Consellodacultura.gal |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
Gabinete de comunicación
O Barómetro da cultura galega constata que 2022 foi un bo ano para a cultura, aínda que menos do agardado [Data da nota: 20/4/2023].